Arquivada a denuncia da CIG polas irregularidades no transporte do CHUAC

|

Hospitalcorunachuac

Fachada do CHUAC.


A segunda denuncia da CIG presentada contra o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) quedou arquivada. A denunciá interpuxose por mor das "irregularidades" rexistradas no transporte sanitario non urxente, a cargo da UTE Servizos Sanitarios da Coruña e Ambuibérica.


Ernesto López Rei, secretario de Acción Sindical da CIG na Coruña, criticou o arquivo dunha nova denuncia presentada polo que considera un "posible caso de malversación de fondos" ou de "prevaricación". O transporte sanitario non urxente para as áreas de A Coruña e Cee "está marcado polos incumprimentos do contrato co Sergas", segundo informa o sindicato nacionalista.


A CIG denuncia, entre outras irregularidades, que hai "menos vehículos dos estipulados, UVIs móbiles sen dotación de persoal e mesmo a realización de servizos privados con ambulancias destinadas aos hospitais públicos". Estas irregularidades, ademais dun prexuízo para as arcas públicas, afectan os usuarios. E é que, segundo explica o sindicalista, "hai persoas que reciben altas hospitalarias, pero teñen que esperar ata o día seguinte porque non hai vehículos a disposición para trasladalas".


Este comportamento supoñería "un delito contra a administración pública que debería ser investigado e castigado". López Rei considera que a Fiscalía debería trasladar os feitos ao xulgado para que sexa un xuíz "quen determine se ve delito penal ou non, e de que tipoloxía".

relacionada ​Un novo "colapso absoluto" das urxencias do Chuac pode acabar nos xulgados
relacionada O colapso sanitario chega aos principais centros hospitalarios galegos
relacionada O Chuac divulga as manobras de reanimación cardiopulmonar que salvan vidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress