​O Supremo non decide ata este venres se mantén en prisión provisional a Junqueras

|

Junqueras policia

Junqueras leva dous meses no cárcere.


O ex vicepresidente da Generalitat e líder de ERC, Oriol Junqueras, manifestou este xoves ante os maxistrados do Tribunal Supremo que deben revisar a súa prisión preventiva que é un "home de paz" con conviccións relixiosas e que busca o "diálogo bilateral" no conflito político catalán.


Nunha breve intervención de dous minutos, Junqueras dixo tamén que descoñecía que existise o documento ' Enfocats', unha especie de folla de ruta do procés achado na casa do seu número dous na Conselleria de Economía, Josep María Jové e que se considera clave para a investigación, segundo fontes presentes na declaración.


O deputado electo de ERC defendeu ante o tribunal de apelacións nunha quenda de última palabra que se lle concedeu que non existen motivos para manter a medida de prisión.


A Sala do Penal do Tribunal Supremo atrasou a deliberación ata mañá, polo que Junqueras aínda ten que esperar.



Segue lendo en Catalunyapress.


relacionada O xuíz négalles a liberdade baixo fianza a Junqueras, 'os Jordis' e un dos ex conselleiros
relacionada Rajoy data para o 17 de xaneiro a sesión constitutiva do Parlament

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress