Atopan o condutor que atropelou un ciclista e se deu á fuga

|

Coche atropelo ciclista


A Garda Civil localizou este mércores o condutor do vehículo que o martes pola noite se deu á fuga despois de atropelar un ciclista na parroiqua pontevedresa de Salcedo.


Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 21,30 horas do martes na estrada N-550, á altura da gasolineira de Salcedo. Ao ciclista levouno por diante un turismo que circulaba pola estrada de Vigo no mesmo sentido e que, despois do accidente, se deu á fuga.


Por mor das investigacións realizadas polo Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, e en base á información achegada por un usuario, durante a mañá deste mércores tívose coñecemento que o turismo en cuestión se atopaba estacionado nunha céntrica rúa da localidade de Marín, "con golpes e marcas na chapa", explica o Instituto Armado.


A inspección ocular do vehículo realizada polo Grupo de Investigación e Apoio a Tráfico (GIAT) do Subsector de tráfico de Pontevedra conclúe que, supostamente, "se trata do mesmo vehículo que causara o accidente", engade a Benemérita.


Durante a mañá deste mércores foi localizada a persoa que o conducía, que se trata do seu propietario, F.P.S., de 50 anos e veciño do municipio de Moaña, ao que se lle investiga penalmente por un delito de lesións e outro de omisión do deber de socorro.


CICLISTA INGRESADO


Mentres, concretou o Instituto Armado, o ciclista atropelado neste accidente "permanece ingresado" nun centro médico de Pontevedra.


Segundo informou o colectivo ciclista Pedaladas, o ferido é bombeiro de profesión e acudía ao seu traballo en bicicleta. Asegura que se atopa "grave, pero estable con 10 costelas e escápula rotas".


relacionada Investigan a un condutor por atropelar un ciclista co que acababa de discutir
relacionada Dous ciclistas atropelados este sábado en Sanxenxo e Poio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress