Abren expediente ao servizo de limpeza de catro centros cívicos

|

LimpiezaCentroCivico


O goberno local da Coruña tramita un expediente contra a adxudicataria do servizo de limpeza e conserxería de catro centros cívicos por incumprimento no pago dos salarios do seu persoal.


Segundo explica nun comunicado, a Concellería de Xustiza Social abriu o pasado mes de decembro un expediente de imposición de penalidades á entidade adxudicataria de dous contratos de conserxería e limpeza en centros cívicos da cidade por incumprimento "parcial" do servizo en relación á falta de pagamento do seu persoal.


A tramitación do expediente, que se iniciou no momento no que o goberno local "tivo constancia de irregularidades moi graves no pago das mensualidades correspondentes ao persoal traballador da adxudicataria", segundo explica a concelleira Silvia Cameán, continuará o seu curso tras o anuncio da empresa do abandono do servizo nas últimas datas.


"Esta decisión unilateral da contratista poderá supoñer a adopción de novas medidas por parte deste executivo, como son a incautación da garantía do contrato e a declaración da prohibición de contratación nun futuro", avanza a edil.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress