O presidente da RAG será o pregoeiro da 'Feira do Cocido' de Lalín deste ano

|


Feira do cocido


O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, será o pregoeiro da edición número 50 Feira do Cocido de Lalín (Pontevedra), que celebrará o seu día principal o próximo 4 de febreiro.


Nunha edición na que este evento cumprirá o seu medio século de historia, o goberno de Lalín decidiu apostar por "un intelectual de recoñecido prestixio e dunha traxectoria literaria, cultural e xornalística que o sitúa á altura de Álvaro Cunqueiro", destaca o Concello.


Nun comunicado, lembra que Cunqueiro foi o primeiro pregoeiro da Feira. Desta maneira, Freixanes pasará a engrosar a nómina de intelectuais, escritores e xornalistas que prestaron a súa voz a unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.


Para o alcade de Lalín, Rafael Cuíña, a presenza de Víctor Freixanes supón "unha verdadeira honra e orgullo", nunha edición na que "os nomes da RAG e da 'Feira do Cocido' quedarán intimamente ligados".

relacionada A sala de cine Numax pecha un gran ano con 30.000 asistentes as súas costas
relacionada O ‘Teatro do Noroeste’ celebra o seu 30 aniversario en A Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress