​Dúas de cada tres declaracións da renda en Galicia saen a devolver

|

Renda



A Axencia Tributaria devolveu ao longo de 2017 (a data do 29 de decembro) un total de 533,2 millóns de euros correspondentes á campaña da renda 2016 a 876.286 contribuíntes, o que supón que se realizou o pago ao 97% das devolucións pendentes.


Segundo datos do Ministerio de Facenda feitos públicos este martes, as declaracións presentadas na última campaña da renda foron en Galicia 1.283.408, o que supón un 2,4% máis que no anterior exercicio.


Así, en Galicia foron 902.698 devolucións solicitadas, das que se aboaron 876.286, un 97%. O pago correspóndese con 533,2 millóns, un 93% dos 572,5 millóns a abonar.


Deste xeito, as devolucións son un 3% máis fronte ás 850.617 da campaña anterior, mentres que a cantidade aboada é un 2,85% menos en comparación cos 548,9 millóns do ano anterior.


Con estas cifras, dúas de cada tres declaracións da renda (un 68,2%) saen a devolver.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress