Jonny interesa á Permier League; Roncaglia pensa en Arxentina

Os dous defensas do Celta contan con ofertas para abandonar Balaidos este xaneiro.


|

FacuRoncaglia

Roncaglia controlando un balón co peito. Foto: RC Celta.


O mercado de fichaxes quedou oficialmente aberto cando a última badalada da Porta do Sol anunciou a entrada no novo ano. Sen tempo para dixerir o atracón de turróns e mazapán, os equipos puxéronse xa en marcha empezando a pensar nas próximas citas copeiras e ligueiras. No caso do Celta de Vigo, os olívicos teñen o difícil reto de retomar a rutina o xoves ás 19:00 horas ante o FC Barcelona. Os celestes xóganse a súa presenza en Copa do Rey contra o cadro catalán e, a esta preocupación, súmase a incerteza que rodea a dúas dos seus defensas, que poden facer as maletas este xaneiro: Jonny e Facundo Roncaglia.


Os dous xogadores, a pesar de ter roles distintos no equipo, son pezas importantes no persoal celeste. Jonny só perdeuse un partido esta tempada, o empate por 2-2 no Camp Nou, e foi por sanción. Ata a data, disputou todos os minutos cada vez que tivo a oportunidade de vestir de curto. Isto débese a que é un dos xogadores que non ten unha substitución natural no persoal celtiña. Roncaglia, pola súa banda, só disputou tres partidos. As lesións e o bo momento dos seus compañeiros impediu ao arxentino contar con minutos este curso.


Con todo, este xaneiro pode ser o seu último mes en Vigo. O Celta non contempla a posibilidade de desprenderse de Jonny, canteirán e querido por todo Balaidos. Con todo, o Leicester sopesa a opción de abonar a clausula do lateral zurdo, de só 18 millóns de euros. Os foxes queren suplir ao lesionado Danny Simpson, dono da banda do King Power Stadium desde o seu desembarco en 2014. Na figura do carrilero vigués, Claude Puel, técnico dos británicos, ve ao perfecto substituto de Simpson.


O caso de Roncaglia é máis complicado. O arxentino só sairía se chega unha oferta interesante ou se outro central das súas características e categoría ponse a tiro. O ex de Boca Juniors quere gañar minutos para estar na terna de Sampaoli para ir ao Mundial de Rusia coa albiceleste, e a opción de regresar ao fútbol arxentino seduce ao central. Lanús, subcampión na pasada edición da Copa Liberadores, foi o primeiro en concretar o seu interese no central, que podería abandonar Galicia traspasado ou en forma de cesión. Con todo, a decisión depende do que determine Juan Carlos Unzué.


En principio, os dous xogadores están a disposición do técnico para medirse ao Barça, aínda que non saberemos ata o xoves se finalmente forman parte do once titular ou da partida. Se algún dos dous queda na bancada, podería ser un indicativo de que pouco van durar en Vigo. O mercado dá moitos xiros e, ata o 31 de xaneiro, aínda pode pasar de todo. 

relacionada O Celta traballa cos regresos non desexados
relacionada O Celta prepárase para un nadal con sobresaltos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE