Noela Branco e Rafael Villarino aspiran a liderar aos socialistas ourensáns

Os dous militantes socialistas chegan ás eleccións en condicións moi parellas.


|


Villarino noela brancoOs candidatos Villarino e Branco. 


Os 1.539 militantes socialistas de Ourense deciden este sábado o nome do novo secretario provincial do PSOE entre os dous aspirantes que superaron a primeira volta do pasado 17 de decembro: a deputada autonómica Noela Branco e o alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino.


Abriranse un total de 23 mesas nas instalacións das agrupacións socialistas da provincia para que os militantes poidan depositar o seu voto. As mesas do Carballiño, Ourense e Xinzo terán horario continuo. A de Parada de Sil estará aberta entre as 10:00 e as 14:00 horas e o resto entre as 16:00 e as 20:00 horas.


O resultado coñecerase a partir desa hora na sede local do PSOE ourensán, na rúa Ribeira de Canedo, despois do reconto de votos e a suma dos resultados de todas as agrupacións locais. Rodríguez Villarino parte como favorito tras impoñerse na primeira volta cun 39,27% dos votos emitidos (427 sufraxios), fronte ao 30,88% de apoios (336 votos) alcanzados por Noela Branco.


O exsecretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, quedou fóra da terna cun 28,22% dos sufraxios (307), a pesar da súa vitoria incontestable no seu feudo do Carballiño, onde obtivo 108 votos fronte aos 19 alcanzados por Noela Branco e os seis de Rodríguez Villarino. Nesta ocasión os apoios recibidos polo barón socialista poderían ser definitivos para decidir quen será o máximo responsable do PSOE ourensán, e así parecen entendelo os dous candidatos en liza que converteron á militancia na protagonista da segunda volta.


Así, Noela Branco apelou á independencia dos votantes e a un "pacto coa militancia, non con outra candidatura"; mentres que nas súas intervencións Rodríguez Villarino apostou por "unha maior confluencia para formar un partido máis grande e máis forte" con varias chiscadelas ao exsecretario xeral do PSdeG. Antes da primeira volta a lista o alcalde de Amoeiro logrou o respaldo da "terceira vía". O candidato desta alternativa, Álvaro Vila, abandonou a carreira á secretaria provincial e mostrou o seu apoio ao proxecto de Rodríguez Villarino por "a proximidade" entre ambos os programas e co obxectivo de "saír cunha soa voz que acabe coas crises internas".

relacionada ​Formoso gaña as primarias na Coruña e Pachi Vázquez cae na primeira volta de Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE