O 93% dos contadores intelixentes telexestionados en Galicia pertencen a Fenosa

Diariamente estes aparellos realizan 45 millóns de rexistros en territorio galego. 


|

FenosaContadores


Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de ‘Gas Natural Fenosa’, pecha este 2017 coa cifra de 1.421.162 contadores intelixentes domésticos instalados e integrados no sistema de telegestión en 282 municipios de Galicia. Esta cifra supón o 93,4% do parque de equipos domésticos da compañía na comunidade autónoma.


A Coruña é a provincia na que se instalaron máis aparellos destas características, con máis de medio millón. Concretamente, 646.017 novos contadores intelixentes, seguido de Pontevedra, Ourense e Lugo. Estes contadores realizan a diario 45 millóns de rexistros de medida horaria en Galicia. A substitución dos contadores continuará ata 2018, ano no que, segundo a regulación, todos os equipos domésticos deben ser intelixentes. Unión Fenosa Distribución distribúe enerxía a 1.521.600 puntos de subministración cunha potencia contratada inferior a 15 kW en Galicia.


Fenosa informa que antes da substitución do seu contador, os clientes reciben unha carta nas que se lles informa de que se vai a proceder a implantar o novo equipo. O cliente pode optar por instalar un contador da súa propiedade ou alugar o equipo á distribuidora No caso de que elixan a opción de aluguer, un operario autorizado pola compañía acudirá ao domicilio do cliente para retirar o contador antigo e instalar o novo.


O despregamento dos contadores intelixentes permite mellorar o servizo prestado aos consumidores conectados ás súas redes eléctricas xa que recolle os datos de consumo do cliente e transmíteos, a través do propio cable eléctrico con tecnoloxía PLC, ata un concentrador situado no centro de transformación. Este concentrador, con tecnoloxía inalámbrica, envía a información aos sistemas da compañía distribuidora. As distribuidoras facilitan a información á comercializadora do cliente para a súa facturación e pona a disposición do usuario. Esta ferramenta, xunto coa APP gratuíta ‘ Tuluz’ permite a Fenosa dar un mellor servizo a todos os seus clientes.


relacionada ​Gas Natural Fenosa culmina primeira fase de venda da súa filial de gas en Colombia
relacionada Gas Natural Fenosa ampla as súas zonas de distribución en México no seu 20 aniversario no país

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE