As estancias extrahoteleiras subiron un 6,3% o pasado novembro en Galicia

Os apartamentos, cámpings e casas rurais están cada vez máis demandados como destino vacacional. 


|

Casarural

As casas rurais soben como reclamo turísitico.

As pernoitas en aloxamentos turísticos extrahoteleiros galegos (apartamentos, cámpings e casas rurais) aumentaron un 6,3% en novembro respecto ao mesmo mes do ano anterior ata un total de 28.493.


Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) reflicten que os viaxeiros se incrementaron un 9,4% ata un total de 13.749. A alza de pernoitas extrahoteleiras en Galicia está por encima da media española (+2,9%). Con todo, nestes datos non entran os albergues ao non haber datos actualizados do penúltimo mes.


Pola súa banda, a estancia media en apartamentos turísticos en Galicia foi en novembro de 2,85 días polos 2,92 un hai un ano; en cámpings foi de 1,98 días no undécimo mes, crecendo con respecto aos 1,83 días de 2016, e en aloxamentos de turismo rural foi de 1,63 días, 0,04 décimas menos que hai un ano. En canto ao persoal empregado, nas casas rurais aumenta ata 755 traballadores, fronte aos 702 de novembro de 2016. En apartamentos turísticos baixan ata 269 (eran 282 un ano antes). En cámpings son 39 traballadores, suponos unha caída fronte aos 64 de 12 meses antes.


Respecto ao turismo en casas rurais galegas, houbo 13.832 pernoitas en novembro deste ano, fronte ás 12.458 dun ano antes; á vez que os viaxeiros subiron a 8.485 desde 7.472. No tocante a apartamentos turísticos, rexistráronse 13.921 pernoitas no undécimo mes do ano, máis que as 13.454 dun ano antes. Os viaxeiros foron á alza ata 4.891 (eran 4.607). As pernoitas en cámpings chegaron a 740, neste caso son menos que as 898 dun ano antes. Aquí, os viaxeiros tamén á baixa, foron 373, cando eran 492 en novembro de 2016. 

relacionada Malos datos de ocupación no turismo rural galego nesta ponte

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE