A Coruña será o epicentro da música en Galicia o próximo ano

|

Shakiramusica


Una gran retahíla de artistas encherá A Coruña de música a partir de la próxima primavera. Fito y Fitipaldis, Shakira, Ringo Starr, Pablo Alborán y Vetusta Morla son algunas de las actuaciones programadas en 2018 en el Coliseum de A Coruña, según ha informado el concejal de Culturas, José Manuel Sande, en el avance de la programación del próximo año.


En rolda de prensa, o edil explicou que o recinto superou neste ano os 97.000 asistentes aos eventos programados, cunha media de máis de 5.000 nos espectáculos de pago. Por iso, considerou que pode falarse xa de "unha crecente especialización do espazo con eventos máis específicos e de maior impacto".


En canto á axenda de 2018, explicou que se abrirá o 24 de marzo con Fito e Fitipaldis na súa xira de 20 aniversario, un concerto para o que xa están vendidas todas as localidades. O 12 de maio actuarán Vetusta Morla, que vendeu xa case 4.000 entradas, case o 50% do aforamento de venda. Pablo Alborán actuará o 22 de xuño e Ringo Starr, o día 29 dese mes. O 1 de xullo actuará Shakira, tras a suspensión da súa actuación este ano por motivos de saúde. Xa no outono, Dani Martín volverá ao Coliseum, en concreto o 27 de outubro. A estes eventos, sumaranse novos espectáculos musicais e propostas dirixidas ao público familiar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress