Podemos estará na reunión do Pacto Antiyihadista como observador

|

PabloIglesiasReunion


Podemos acudirá finalmente como observador á reunión sobre o Pacto Antiyihadista, a pesar de que nun principio a súa presenza non estaba prevista, xa que nun comunicado estipulouse que só os asinantes podían estar presentes. O encontro está previsto para este mércores polo Ministerio do Interior.


Idoia Villanueva, senadora e membro do Consello de Coordinación de Podemos, manifestou que é "importante que a estas reunións acudan a maioría de forzas políticas, é necesario apoiar ás forzas e corpos de seguridade e á xudicatura acudindo".


Villanueva explicou que a súa formación non asina o pacto porque non comparte as medidas lexislativas contra o terrorismo, unha loita que non debe centrarse ao seu xuízo en "endurecer o Código penal e condenas que acaban con titiriteros e cantantes condenados ata o absurdo".


Amplía a información en PressDigital.



relacionada O Pacto Antiterrorista reúnese con máis asistentes do habitual

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress