Destínanse 284.000 euros a centros socioculturais da capital

|


Asina martiu00f1ou
Martiño Noriega e Goretti Sanmartín na firma do convenio de colaboración.


A Deputación da Coruña destinará un total de 284.000 euros para o financiamento das actividades dos centros socioculturais de Santiago de Compostela, e dos cales unha notable cantidade beneficiará ao centro do Ensanche.


Dese orzamento, 144.000 euros teñen como obxectivo o centro do Ensanche, como se recolle no convenio de colaboración que este martes asinaron a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.


O convenio contempla un "considerable incremento" no orzamento destinado ao centro do Ensanche, que pasa dos 125.000 euros do pasado ano aos 144.000 que se invisten en persoal,  mantemento e subministracións, segundo destaca o organismo provincial nun comunicado. O centro atende anualmente ao redor de 40.000 persoas e tamén se desenvolven cursos formativos e outras actividades da propia Deputación.


Para os centros do ámbito rural o orzamento achegado pola Deputación da Coruña ascende a 140.000 euros, que se empregarán en programas de animación e dinamización dixital, formación e actividades.

relacionada ​Noriega aposta en 2018 por aumentar a execución orzamentaria
relacionada Protestan para evitar o desafiuzamento dunha señora de 82 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress