Conclúen as probas de carga da ponte de Rande con case 70 camións

Utilízanse para verificar a capacidade resistente da estrutura


|


Camións


A concesionaria da autoestrada AP-9 completou este martes as comprobacións nos novos carrís da ponte de Rande cunha proba de carga estática na que participaron case 70 camións, e que se suma ás probas dinámicas e de confort, realizadas "con éxito" a pasada semana, segundo apuntaron fontes do Ministerio de Fomento e da dirección da obra.


Esta proba, que comezou pasadas as 23.00 horas, no medio dunha intensa choiva e un forte vento, serve para verificar a capacidade resistente da estrutura e o correcto axuste entre as deformacións previstas no deseño da ampliación e as rexistradas na realidade, a pé de obra.


CINCO FASES


Segundo explicou a directora facultativa dos traballos, Ana Fernández, a proba desenvólvese en cinco fases: en primeiro lugar colócanse os 68 camións (cargados), cun peso de entre 36 e 38 toneladas cada un, na metade da lonxitude dos novos taboleiros.


Posteriormente, concéntranse os vehículos pesados entre o alicerce e a xunta da parte central da ponte, e logo ao revés; nunha cuarta fase realízase a carga de forma individual en cada un dos novos taboleiros; e, finalmente, cárganse ambos os lados.


Estas manobras realízanse co fin de alcanzar o nivel de sobrecarga que indica a normativa aplicable ao deseño de pontes de estrada e as recomendacións do Ministerio de Fomento para a execución deste tipo de probas.


Durante a realización da proba de carga estática tomáronse datos topográficos para comprobar o comportamento da ponte. Ademais desta proba, e dada a singularidade desta infraestrutura (e a da obra de ampliación), tamén se levaron a cabo "probas de carga específicas para verificar o confort dos usuarios" que circularán polos novos carrís.

relacionada A CIG pide asistir á causa xudicial que investiga a morte dun traballador en Rande
relacionada O Concello espera que Rajoy "se poida pasar" a inaugurar as obras da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE