Sáez de Santamaría ten os días contados

Carmen P. Flores


Soraya sagaro


Cando as cousas non se fan ben en política, na maioría dos casos, sempre se busca a un culpable que leva encima todo o peso dos desaguisados. Isto faise para acalar as críticas e servir en bandexa a cabeza do político causante de todos os males dun goberno.


Soraya Sáez de Santamaría, a vicepresidenta, a “sabionda” do goberno de Rajoy, como a coñecen, ten os seus días contados no executivo. As suas meteduras de pata no tema de Cataluña foron tan evidentes, que non só non axudan ao PPC, senón que lles custou a perda de miles de votos e a perda dun número moi importante de deputados. Iso supuxo que o partido teña unha representación pouco significativa no Parlament. Un pau para o partido que goberna en España. A súa xestión en Cataluña foi desastrosa como recoñecen en privado moitos dirixentes do PP.


Fai máis dun ano, o 7 de decembro do 2016, a vicepresidenta erixiuse en interlocutora co Govern da Generalitat para limar e reducir as arestas entre ambos. As súas boas relacións co vicepresidente Junqueras cría que ían servirlle de moito. Non pasou moito tempo para que a cordialidade entre os dous se tornase en discrepancias profundas, deixándose de producir as reunións mediáticas. Xa non sorría ningún dos dous. O distanciamento entre Junqueras e Sáez de Santamaría foise acrecentando. Mentres, a vicepresidenta mantiña reunións, algunhas públicas e outras secretas, cos distintos sectores da sociedade catalá para coñecer as súas opinións da situación política e explicarlles a estratexia do seu goberno.


Ao longo do ano, da “mediación” de Sáez de Santamaría, como se comprobou, as súas estratexias, política, económica e de comunicación foron un auténtico fracaso, que se traduciu, tamén, nos pésimos resultados electorais do seu partido, o PP, en Cataluña. As críticas internas dos seus compañeiros de partido e de goberno volveron a poñer no punto de mira, non é a primeira vez que sucede, á vicepresidenta para a que sala do goberno, despois da “marcha” de Jorge Moragas a un retiro dourado, como embaixador de España na ONU. A situación de crise que está a vivir o PP, reclama un cambio importante no goberno de Rajoy e no propio partido. Rajoy que adoita ser lento na toma de decisións, parece que nesta ocasión, non se tomará demasiado tempo en facer cambios porque de non facelo, podería perigar a súa figura política. Ten demasiados inimigos dentro e fóra do partido.


A saída para Soraya, que nun principio fixo un bo traballo a Rajoy, pode ser a de candidata á alcaldía de Madrid, aínda que a ela non lle fai moita graza, pero non está en condicións de esixir.



Dicía Miguel de Cervantes:“O facer ben a viláns é botar auga na mar. A ingratitud é filla da soberbia.” 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE