A Xunta destinará 120.000 euros á rehabilitación da Casa de Rosalía de Castro

|


Rosalia


A Casa-Museo de Rosalía de Castro está a experimentar certos traballos de rehabilitación a través da colaboración da Consellería de Cultura e a propia Fundación que leva o nome da ilustre galega, e aos que se adicarán un total de 120.000 euros de investimento desde a Xunta. As obras comezaron a executarse a mediados de novembro e está previsto que se terminen antes do 24 de febreiro, Día de Rosalía, data de nacemento da autora.


Este martes, a recoñecida casa foi visitada polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, co fin de comprobar o estado das obras de acondicionamento e reforma. Xunto a eles atopábanse o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o propio alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira.


Este proxecto supoñerá a rehabilitación xeral de a envolvente completa dos edificios anexos na traseira de Cásaa-Museo: reacondicionamento da envolvente exterior (cubertas e carpinterías exteriores, canlóns e bajantes) do corpo de aseos, oficinas, arquivo, antiga casa Maruxa Villanueva e o edificio do auditorio; reforma da planta baixa da antiga Casa Maruxa Villanueva para dar acubillo ás novas oficinas da Fundación Rosalía; e a rehabilitación integral dos antigos aseos abandonados como aseo accesible para persoas con mobilidade reducida.


OUTRAS COLABORACIÓNS


Ademais da colaboración entre a Fundación e a Consellería de Cultura para rehabilitar casa-Museo de Rosalía de Castro, ambas as institucións mantéñense en contacto para a realización de diversas actuacións para estudar, indagar, divulgar e actualizar a obra e memoria da autora galega, así como para ampliar os fondos bibliográficos da fundación,  traballar na recompilación de materiais ou enviar libros a centros educativos.


Tamén destaca a celebración de actividades concretas como un festival de lectura para conmemorar o Día do Libro, as progamaciones de 'Maio Rosaliano' ou os recitais poéticos asociados á Aula da Diversidade.

relacionada A Consellería de Cultura inicia unha nova edición do 'Premio de Poesía galega Afundación'
relacionada TT Syndicate poñerá a música da Noitevella compostelá

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress