'Bruno', que deixa preto de 200 incidencias en Galicia, mantense en alerta laranxa

A borrasca deixa rexistros de refachos de vento de ata 141 quilómetros por hora e choivas intensas por toda Galicia


|

TemporalBruno


A borrasca 'Bruno' que azouta Galicia deixou choiva, vento, frío e máis dun centenar de catástrofes rexistradas entre as 16:00 tarde do martes e as 8:00 horas deste mércores. En concreto foron 193 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa polo paso da borrasca segundo o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE). Por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 101 incidentes rexistradas; seguida de Pontevedra, con 49; Lugo, con 27; e Ourense, con 16 incidentes, indica o 112. A caída de árbores e ramas, que supuxeron 110 incidencias, e obxectos varios en estradas, outros 30, destacan como os incidentes que máis se repetiron en Galicia.


'Bruno' deixou tamén rexistros historicos con refachos de vento de ata 141 km por hora, superando en moitos municipios o 100 km/h, como Ordes, Pontenova ou Cedeira. No referente a choivas, 'Bruno' deixou por agora un dato acumulado de 47,4 milímetros (litros por metro cadrado) en Tui. Aínda ao sur da comunidade, Vigo anótase uns 44,5 litros por metro cadrado sobre as 20,00 horas deste martes, mentres Fornelos de Montes contabiliza 47,2. Outras cifras destacadas de choivas caídas ao longo desta xornada son os 43,6 litros por metro cadrado en Cuntis e os 43 de Boiro.


A borrasca 'Bruno' é a primeira do inverno e chega pouco despois do paso de 'Ana', que minorou a escaseza de auga en Galicia, onde está declarada a alerta por seca desde hai semanas. A pesar dos datos de onte, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou da ampliación do fenómeno meteorolóxico adverso por vento de nivel laranxa á provincia de Pontevedra, en concreto para a zona das Rías Baixas. Pola súa banda, continúa vixente a alerta emitida o día de Nadal, que implica refachos de máis de 110 quilómetros por hora no noroeste da Coruña, na Mariña de Lugo e na montaña de Ourense.

relacionada Os encoros galegos repuntan ata o 41% da súa capacidade tras as fortes choivas
relacionada O temporal 'Ana' activa a alerta laranxa por vento este domingo en toda Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE