A Consellería de Cultura inicia unha nova edición do 'Premio de Poesía galega Afundación'

|

Poesia


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto con Afundación e o Centro Pen de Galicia convocaron a 'XVI Edición do Premio de Poesía Afundación' co obxectivo de recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega.


As persoas interesadas en participar poderán entregar as súas obras inéditas, non presentadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos, ata o próximo 31 de maio. Un xurado constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario decidirá a obra merecedora do galardón, e o fallo farase público durante o verán de 2018.


A obra premiada recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicada, ademais, na colección 'Arte de Troba', editada polo Centro Pen de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia e Afundación.

relacionada O MAC outorga as súas bolsas de creación artística no estranxeiro a tres artistas galegos
relacionada Tito del Muro presenta a súa novela "Invierno de amapolas" en Santiago de Compostela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress