O Goberno anuncia a subida do Soldo Mínimo Interprofesional ata os 735 euros

A subida supón un 4% este ano, que aumentará nun 5% e un 10% en 2019 e 2020.


|

Rajoycmin


O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, asinou este martes 26 de decembro o acordo para o aumento do Salario Mínimo Interprofesional. A subida, dun 4%, sitúa o soldo mínimo en 735 euros. Na medida prevese a subida dun 5% en 2019 e do 10% en 2020, chegando aos 773 e 850 euros respectivamente.


Rajoy afirmou no acto de firma que o diálogo social está a dar “bos froitos” e que o principal obxectivo da súa lexislatura segue sendo a creación de emprego. Para Rajoy, este acordo era necesario para que o país “avance no emprego”.


"Hoxe é un bo día para poñer en valor a España e é un motivo de satisfacción poder facelo cos axentes sociais", subliñou Rajoy, tras afirmar que 2017 "non foi un ano fácil, pero que grazas ao esforzo de todos españois, si é un ano que ofrece un horizonte de optimismo".


Ampla a información en CatalunyaPress.

relacionada Rajoy agradece na mensaxe ás tropas a súa contribución “ao prestixio de España”
relacionada Rajoy rexeita reunirse con Puigdemont, ao que non ve "en condicións" de ser investido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE