Detido por conducir o seu coche a 186 km/h e baixo os efectos do alcol

O condutor, de 40 anos e natural de Noia, foi captado por un rada na Autovía do Barbanza.


|

Controlalcoholemianadal


Un condutor foi detectado cando circulaba baixo os efectos do alcol pola Autovía do Barbanza a 186 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80, segundo informou a Garda Civil.


O turismo foi cazado por un radar da Agrupación de Tráfico da Garda Civil ás 02,17 horas da madrugada do domingo 24 de decembro excedendo en 106 quilómetros por hora a velocidade permitida no devandito tramo. Unha patrulla do Instituto Armado someteu á proba de alcoholemia ao condutor, un veciño de Noia de 40 anos, que arroxou un resultado positivo de 0,80 miligramos de alcol por litro aspirado.


O condutor está a ser investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria e podería enfrontarse a unha pena de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses ou con traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. Ademais, o infractor tamén perdería a súa licenza para conducir vehículos a motor e ciclomotores por un período de entre un e catro anos. O xulgado de instrución número 2 de Ribeira (A Coruña) instrúe as dilixencias do caso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE