O 061 prepárase para as festas do Nadal con reforzos para os días críticos

|


061ambulancia


O 061 de Galicia reforzará, con motivo das datas do Nadal, o seu persoal da central de coordinación para garantir que a asistencia sanitaria das urxencias durante as festas do Nadal sexa a adecuada. En concreto, durante os próximos días, o servizo contará cun facultativo máis para as quendas de noite dos días 24 e 31 de decembro e do 5 de xaneiro. Ademais, tamén contarán con reforzos nas mañás do día de Nadal e o primeiro día do ano.


En canto á xestión telefónica, o servizo contará cun locutor máis respecto ao resto dos días da semana e ata dúas teleoperadores a maiores nas quendas de noite dos as xornadas xa mencionadas. Segundo explicou a Xunta nun comunicado, o número de chamadas aumenta durante estas datas "non só a consecuencia do incremento das patoloxías" da estación invernal, senón tamén polos "excesos propios destes días", nos que aumentan os desprazamentos e, por tanto, os accidentes de tráfico.


Ademais, a Xunta lembrou que, neste período do ano, os principais motivos da demanda deste servizo son os accidentes de tráfico e as intoxicacións.


Así, durante as pasado Nadal, a central do 061 de Galicia recibiu un total de 25.572 chamadas de demandas sanitarias que xeraron 23.676 procesos asistenciais Destes, máis da metade necesitaron a mobilización dalgún recurso, ben unha visita domiciliaria dun médico ou un enfermeiro, ou ben transporte urxente.


En canto aos accidentes de tráfico, producíronse 363 chamadas que xeraron 306 asistencias por parte dos sanitarios do 061. Das 409 persoas atendidas, seis faleceron no punto do sinistro.

relacionada ​Nas vacacións, mellor non cambiar as rutinas de comidas e sono dos nenos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress