​As últimas análises non atopan lindano na auga do Porriño

|

Fontes



As últimas probas realizadas no sistema de abastecemento de auga do municipio pontevedrés do Porriño confirman a ausencia de lindano, un insecticida tóxico prohibido desde o 2008.


A través dun comunicado emitido este sábado, a Consellería de Sanidade indicou que as 17 mostras levadas a cabo nos últimos 15 días en pozos, traídas veciñais e nunha fonte non arroxaron resultado positivo.


Sanidade fixo un seguimento da evolución da auga no últimos quince días para estudar o seu comportamento tras as últimas choivas, prestando atención aos lugares nos que se obtiveron resultados positivos.


As mostras tomáronse naqueles puntos nos que inicialmente foron detectados restos de lindano, así como noutros lugares da rede a petición dos propios veciños, cuxas vivendas nalgunhas ocasións están nas zonas limítrofes da área de estudo inicial.


Durante unhas obras na rede de subministración de auga do Porriño detectáronse restos desta substancia química prexudicial para a saúde. Segundo apunta a Xunta, Sanidade continuará realizando controis periódicos na zona onde foi detectada para garantir a salubridade da auga.


relacionada Admitida a denuncia polas verteduras dun pesticida canceríxeno no Porriño
relacionada Clausurados sete pozos no Porriño debido a contaminación por lindano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress