A alcaldesa convoca un pleno de confianza para aprobar os orzamentos

|


Lara mendez


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou para o vindeiro mércores 27, a partir das cinco da tarde, un pleno de confianza co obxectivo de sacar adiante os orzamentos do próximo ano, tras quedar en minoría o proxecto deste xoves do grupo municipal socialista.


Segundo engadiu Méndez, en caso de prosperar este trámite, a previsión do Goberno local é contar coas contas "definitivamente" aprobadas a finais de xaneiro. Deste xeito, recorre a unha estratexia similar á de antecesor no cargo, Xosé López Orozco, para tentar sacar adiante os orzamentos e evitar prorrogalos un ano máis.


"Non podemos estar outro ano sen orzamentos  porque iso significa non ter capacidade para investir na cidade, non ter capacidade de desenvolvemento, de activar a economía ou de xerar emprego", advertiu a alcaldesa. Os orzamentos, vinculados a esa moción de confianza, ascenden a 95,4 millóns de euros, "un cinco por cento máis que o ano anterior", dos que máis dun corenta por cento destínanse a investimentos.


Ademais, Méndez, destacou que estas contas "dedican unha cuarta parte a políticas sociais, sobre 23 millóns de euros". "Estamos a falar dun orzamento social e dos máis investimentos dos últimos anos, polo que non podemos permitirnos o luxo de estar sen eles", engadiu.


Un "plan de barrios"


A rexedora socialista ha argumentado que "o gran obxectivo é que Lugo poida dispoñer duns orzamentos para 2018 e podamos executar investimentos". Destaca, entre outras cuestións, outra partida de 2,5 millóns de euros dirixida a un "plan de barrios". Finalmente concretou, tras convocar o pleno do próximo mércores, que se se lle outorga a "confianza" esas partidas quedarían aprobadas inicialmente.


"Logo empezaría o proceso regrado de aprobación, é dicir (os orzamentos) quince días a exposición pública, e dar oportunidade á cidadanía para que poida presentar alegacións. Unha vez finalizado ese prazo, se non hai alegacións automaticamente quedarían aprobados e se hai alegacións estudaríase a súa estimación ou non estimación, en función dos informes técnicos, e quedarían aprobados definitivamente", explica.

relacionada O TEDH rexeita extraditar a un suposto narco reclamado por EEUU
relacionada 'Confían' en que as torres de O Garañón non sobrevivan ao ano que vén

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress