​Os afectados polos incendios poden pedir un adianto das axudas para vivendas

|

Incendioviviendas


Os beneficiarios das axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas causados polos incendios que se produciron en Galicia o pasado mes de outubro, poderán solicitar os pagos anticipados de "ata un 25 por cento do importe total da subvención" concedida.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde na que se fixa a posibilidade de solicitar o pago adiantado.


Segundo explica a Xunta nun comunicado, o paso dáse tras constatar que, entre os damnificados, "existen persoas que non poden iniciar as obras de reparación das súas vivendas" porque carecen de "recursos para facer as primeiras actuacións".


O Goberno galego tamén incidiu en "a dificultade para acceder ás liñas de préstamos para o financiamento" das reparacións, xa que a orde que regula as axudas establece que estas "se pagarán unha vez realizadas as obras".


A Xunta explicou que os interesados poden presentar a súa solicitude no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), no modelo que acompaña á orde publicada no DOG.


relacionada España e Portugal reciben 50.000 euros do Premio Princesa de Asturias polos incendios
relacionada A Deputación de Ourense xustifica como "un erro" as facturas a afectados polos incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress