​Nas vacacións, mellor non cambiar as rutinas de comidas e sono dos nenos

Os pediatras aconsellan vixiar o exceso de doces e ragalar xoguetes que non os fagan sedentarios.


|

Doces nadal turron


A Asociación Española de Pediatría (AEP) recomenda aos pais manter na medida do posible as rutinas dos seus fillos, como os horarios de comidas e sono, durante as vacacións de Nadal, así como vixiar o exceso de doces e a seguridade en actividades lúdicas multitudinarias.


Esta sociedade científica publicou na súa web 'EnFamilia' o especial 'Nadal saudable con nenos' cunha serie de consellos para estes días de vacacións, nos que a comida é un dos elementos centrais das celebracións.


De feito, os pediatras cren que é un bo momento para ensinarlles aos nenos novos costumes e inculcarlles hábitos saudables baseados na inxesta moderada e o consumo prudente de doces. Así mesmo, os tradicionais pratos do Nadal ofrecen gran variedade de sabores para os máis pequenos aínda por descubrir, o que supón unha oportunidade para ampliar a súa padal.


Neste sentido, para que os nenos poidan probar distintos pratos, é recomendable que o fagan en pequenas cantidades, para evitar atracóns e favorecer a degustación de distintos alimentos. E unha boa forma de axudar a facer a dixestión é acabar a comida con froita. É importante tamén ensinarlles que mastigar amodo é bo para evitar atragantamentos e dixestións pesadas.


Por último, a AEP lembra que os nenos deben manter unha hora de exercicio diaria mesmo en vacacións, xa que debido aos días libres, a interrupción das actividades extraescolares e o frío, as festas de Nadal poden favorecer o sedentarismo.


Para iso, unha boa opción é regalarlles xoguetes que animen a practicalo, como unha pelota, unha bicicleta ou uns patíns son agasallos ideais para que se divirtan á vez que exercitan o seu corpo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE