​Cada galego que comprou lotería xoga de media 63 euros

|

Loteria nadal dicimosCada galego compra entre dous e tres décimos, máis participacións.

Os galegos volven este venres tentar a sorte no Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, que se celebra como é tradicional cada 22 de decembro. O investimento medio é de 63 euros, o que supón 2,39 euros máis que o ano pasado, segundo a cifra que manexa Loterías y Apuestas del Estado.


Segundo os datos, a maior consignación por habitante na Comunidade galega corresponde á provincia de Lugo, con 71,91 euros por habitante; seguida da Coruña, con 71 euros; Pontevedra, con 56,99 euros; e Ourense, con 47,4 euros.


Para o sorteo consignáronse para Galicia 863.327,4 billetes por un importe de 172.665.480 euros. Do total da consignación, 79.723.060 euros corresponden á provincia da Coruña; 53.816.880, a Pontevedra; 24.200.720, a Lugo; e 14.924.820 euros, a Ourense.


En total en España a consignación media por habitante sitúase en 66,16 euros, con 15.400.017,9 billetes e 3.080.003.580 de euros.


TERMINACIÓNS


Como cifra final o 5 foi o número que máis veces resultou premiado --32 ocasións, pero nunca terminou en 25--; seguido do 4 --con 27 veces e o 6--, tamén con 27 aparicións. A menos repetida foi o 1 e séguenlle o 2 e o 9.


Dos 206 sorteos de Nadal celebrados, o primeiro premio coñecido popularmente como 'O Gordo' correspondeu en 63 ocasións a un número comprendido entre o 0 e o 10.000, en 73 ocasións a un entre o 10.001 e o 30.000 e en 71, a números comprendidos entre o 30.001 e o 99.999.


PREMIOS


O Sorteo Extraordinario da Lotería Nadal 2017 reparte este venres un total de 2.380 millóns de euros en premios, o que supón 70 millóns máis que o ano anterior (2.310 millóns), e os agraciados co 'Gordo' recibirán 400.000 euros ao décimo, con 680 millóns de euros a repartir con este premio principal.


O segundo premio ascenderá a 1,25 millóns de euros por serie (125.000 euros ao décimo) e o terceiro é de 500.000 euros á serie (50.000 euros ao décimo). Ademais, coma o ano pasado, haberá dous cuartos premios de 200.000 euros (20.000 euros ao décimo) e oito quintos de 60.000 euros (6.000 euros ao décimo). Tamén haberá 1.794 premios de 100 euros.


Con todo, o Goberno estableceu no ano 2013 un imposto do 20% aos premios a partir de 2.500 euros. Así, no caso de que se vendan todos os décimos agraciados, o Ministerio de Facenda recadará máis de 200 millóns de euros, case seis millóns máis que en 2016, segundo os cálculos dos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha). Desta forma, a recadación do fisco este ano será un 3% superior.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress