Lucas Pérez: "O alcalde de Vigo que se preocupe de que non se alague Balaídos"

|


Lucas perez


O derbi galego entre o Celta e o Deportivo empeza a quentar motores, e Lucas Pérez encargouse de prender a mecha: "O alcalde de Vigo que se preocupe de que non se alague Balaídos todos os anos, que bastante ten, e que non se lle vaia o club da cidade". Así contestaba o xogador branquiazul ao prognóstico de Abel Caballero sobre o triunfo do Celta por 1-2, "aínda que hai uns meses dixese 0-3".


Lucas ve neste derbi un punto de inflexión para a traxectoria do Dépor, e dá as claves sobre o esperadísimo encontro. "O partido decidirase nos duelos individuais. Non hai favoritos. Nestes partidos dá igual como veñas. Non temos que deixarlle a pelota".


O dianteiro tamén ofreceu a súa opinión sobre a pancarta colgada na cidade deportiva polos afeccionados, cuxo mensaxe dicía 'Aspas: o Celta é o mellor equipo de Galicia'. Lucas Pérez, directo ao gran, en resposta ao cártel: "A historia está aí e xa está. Non hai máis preguntas señoría".

relacionada ​Hugo Mallo apela á experiencia para vivir os derbis máis tranquilos
relacionada Iago Aspas sobre o derbi galego: "Non me recibirán con flores"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress