​O PP leva aos tribunais a adxudicación da xestión do antigo cárcere

A portavoz popular, Rosa Gallego, esíxelle ao alcalde "explicacións" por un proceso con "bases a dedo".


|

Rosa galego ppcorunaRosa Gallego, portavoz popular. Foto: PP Coruña


O grupo municipal do PP no Concello da Coruña presentou un recurso no xulgado pola adxudicación, por parte do goberno da Marea Atlántica, da xestión da antiga prisión provincial a Proxecto Cárcere, segundo informou a súa portavoz Rosa Gallego.


Nunha rolda de prensa para facer balance deste ano, Gallego explicou que adoptaron esta medida tras inadmitir o goberno local o recurso de reposición que presentou o PP contra esta adxudicación ao entender que houbo unha adxudicación "con bases a dedo" a unha entidade da que "formaron parte" edís do goberno local.


Para Rosa Gallego, trátase dun "escándalo" sobre o que o alcalde ten que dar "explicacións". "Quen tiña que xestionar este espazo debería ser o Concello e non cederllo a unha asociación coa que non puido competir ninguén mediante bases a dedo e valoracións feitas por persoas vinculadas á oferta presentada".


BALANCE DO ANO 


Por outra banda, xunto aos concelleiros do seu grupo, Rosa Gallego fixo balance do labor de control e de oposición ao goberno local. Na súa comparecencia, criticou a un alcalde, na súa opinión, "en tempo de desconto", dixo para as próximas eleccións municipais.


Respecto diso, argumentou que "os problemas dos coruñeses seguen sen solucións tras máis de dous anos e medio de amiguismo e anuncios que non se materializan". Mentres, defendeu a actuación do seu grupo do que dixo que presentou "todas as mocións e as preguntas orais" que lles permite o regulamento municipal.


relacionada Afíns á Marea conseguen a metade dos contratos menores
relacionada ​Ferreiro estuda denunciar ao PP, que o acusa de adxudicar "a dedo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE