​A intermodal "coloca a capital no século XXI en materia de mobilidade"

O alcalde de Santiago reivindica a colaboración entre as institucións no acto de presentación do proxecto da estación.


|

Martinho noriega intermodal

Noriega, na presentación no Gaiás. Foto: Concello de Santiago

O alcalde de Santiago participou este mediodía no acto de presentación do proxecto da estación intermodal, celebrado na Cidade da Cultura, onde se mostrou convencido de que a infraestrutura "colocará a Santiago no século XXI en materia de mobilidade, á vez que mellorará a conectividade entre os barrios composteláns do Ensanche e da Pontepedriña".


O rexedor agradeceu o compromiso "de todas as administracións e de todas as persoas que traballaron de maneira intensa nos últimos meses para facer posible este proxecto". Tamén apelou á necesaria cooperación, "porque os representantes públicos pasamos, pero as institucións permanecen e a colaboración entre elas dá os seus froitos para a cidadanía".


Martiño Noriega mostrouse convencido de que "en 2018, todo o sementado con este traballo colaborativo empezará a dar os seus froitos, que serán unha intermodal da que todos e todas poidamos gozar antes do Ano Santo de 2021".


Tamén o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, agradeceu o traballo da Xunta e do Concello para lograr "unha gran actuación que achega valor á cidade, e unha maior calidade de vida para todos os galegos e galegas, especialmente para os veciños de Santiago".


Pola súa banda, o presidente da Xunta destacou a colaboración "entre o ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello de Santiago, especialmente no que ten que ver coa construción da plataforma peonil que permitirá conectar o Ensanche e Pontepedriña".


Para Feijóo, esta actuación "é unha clara aposta por Santiago, porque iso é apostar por Galicia". O presidente da Xunta asegurou que a construción da nova estación de autobuses, que depende da administración autonómica, iniciarase no primeiro semestre de 2018.


O proxecto presentado hoxe é o resultado do convenio asinado en xuño de 2016 no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, entre o Ministerio de Fomento, a Xunta, o Concello de Santiago e ADIF. En virtude dese acordo, o Concello encárgase do acondicionamento dos accesos e financia o 30% da conexión peonil, que supón máis de 1,7 millóns de euros.


relacionada ​Fomento presenta pola súa conta a intermodal de Santiago e chama ao alcalde a última hora
relacionada Aprobada a primeira fase da estación intermodal de Santiago
relacionada Noriega celebra que "se abre unha expectativa de ter unha gran intermodal"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE