Unha pequena adega galega gáñalle a batalla a Codorníu

A Xustiza permítelle sacar ao mercado un albariño baixo o nome de 'Anadigna', ao entender que non se confunde co cava 'Anna' dos cataláns.


|

Adega codorniu


As grandes compañías adoitan temer que as súas marcas consolidadas no mercado saian prexudicadas por novos produtos con nomes parecidos. Ás veces esta desconfianza dá lugar a un exceso de celo.


É o caso da batalla xudicial que acaba de gañar unha pequena adega de Meaño (na comarca do Salnés) a Codorníu. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia permítelle ao seu propietario, Carlos Rey, comercializar o albariño bautizado como 'Anadigna' (en recordo á súa avoa María Anadigna), ao entender que non se vai confundir co cava 'Anna' do xigante catalán.


"O parecido fonético entre elas non é da entidade suficiente para que poida producir confusión no mercado", reza a sentenza ditada tras o recurso de Codorníu. E iso, unido á "pouca extensión e mínima produción" do viño. Tamén o entendeu do mesmo xeito nun primeiro momento a oficina de patentes e marcas para dar luz verde á súa solicitude.


Con tres mil botellas do seu albariño xa etiquetadas, este adegueiro declara a La Voz de Galicia que perdeu "un ano completo" e levoulle oito meses crear outra marca, que acabou sendo 'Nadigna'.


Porén, o periplo xudicial do novo viño non acabou, pois Codorníu pode aínda recorrer o fallo ante o Tribunal Supremo. "Gañeille e voulle volver gañar. Cando che dan a razón sénteste máis forte", proclama Carlos Rey.


O adegueiro confía, por tanto, en que o alto tribunal lle volva dar a razón "porque o 'Anna' de Codorníu non o confunde ninguén".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE