Noriega decidirá no verán se repetir como candidato á alcaldía

O rexedor de Santiago precisa que aínda non está "en coordenadas preelectorais" e ve a Compostela Aberta "consolidada".


|

Martinho noriega veciñosO alcalde, nun encontro con veciños. Foto: Concello de Santiago


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asegurou este mércores que o espazo creado ao redor da candidatura Compostela Aberta --coa que foi elixido rexedor-- está "consolidada" e afirmou que a súa decisión sobre se se volve presentar en 2019 tomaraa no verán do ano que vén.


A preguntas dos medios tras un almorzo informativo con todos os concelleiros do grupo de goberno, no que tamén falou dos obxectivos para o próximo 2018, Noriega admitiu que "a nivel persoal" xa lle trasladou ao seu grupo que fará a "reflexión" sobre o seu futuro o próximo verán, pero precisou que non está "en coordenadas preelectorais" aínda.


O rexedor compostelán afirmou que "primeiro está a cidade" e as "eleccións son secundarias", pero reivindicou que o espazo de Compostela Aberta está "consolidado" e "chegou para quedar".


relacionada Noriega recoñece que o tentaron para ser candidato á Xunta e que Villares conseguiu consenso
relacionada Noriega: "Hoxe ninguén pensa que temos que pedir perdón por gañar as eleccións"
relacionada Martiño Noriega tentará "soltar lastre" na segunda metade do seu mandato
relacionada Noriega resta transcendencia ao intento do PP de desbancar os alcaldes das mareas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE