Galicia súmase a colaborar co centro español referente contra o cambio climático

|

Climate KICFirma do acordo. Foto: @ClimateKICspain


A Xunta asinou un acordo para adherirse a colaborar co Centro Español de Innovación en Cambio Climático, Climate-KIC Spain.


A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, explicou que Galicia exercerá así de "antena" deste centro, o que supoñerá que ofrecerá apoio a start ups --empresas emerxentes--, reunirá a socios en proxectos vinculados coa innovación nesta área e contribuirá a formar a estudantes.


España é un dos 11 países europeos que contan con oficina Climate-KIC --a súa sede central está en Londres--, unha iniciativa innovadora impulsada polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) na que se integran máis de 250 organizacións, empresas e institucións.


En España púxose en marcha en outubro de 2016 co obxectivo de fomentar novas oportunidades de negocio xeradas polo cambio climático a través de propostas sustentables. Por iso, a Xunta subliña que este convenio servirá para que Galicia avance na senda de converterse nunha "comunidade de referencia" nesta materia.


Así, o obxectivo é fomentar o intercambio de coñecemento para crear produtos e servizos que contribúan á loita contra o cambio climático.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress