​O antigo centro de saúde de Tui converterase en sede xudicial en 2019

Agrupa no mesmo edificio os tres xulgados de Primeira Instancia e Instrución. Dará servizo a uns 50.000 cidadáns.


|

Juzgadosxulgados



O antigo centro de saúde do municipio de Tui converterase na nova sede xudicial da localidade no primeiro semestre de 2019, cun orzamento que supera os dous millóns de euros.


Segundo informa a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, acompañado do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, e do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, asistiron este martes á presentación do proxecto do novo edificio xudicial da localidade, que converterá o antigo centro de saúde en sede xudicial.


O proxecto conta cun orzamento que supera os dous millóns de euros e que, resalta Vicepresidencia, "será unha realidade no primeiro semestre do ano 2019". Con el, resolveranse "as necesidades actuais", sostén a Xunta, "garantindo as mellores dotacións para a Administración de Xustiza" nesta localidade galega para as próximas décadas, "beneficiando así os 50.000 cidadáns que farán uso desta nova infraestrutura".


A nova sede xudicial contará con case 1.500 metros cadrados de superficie útil distribuídos en tres plantas, que permitirán albergar as dependencias dos tres xulgados e tamén Rexistro Civil, forensía, Fiscalía e dependencias para avogados e procuradores, "reagrupando no mesmo edificio os tres xulgados de Primeira Instancia e Instrución", concreta.


Na presentación do proxecto explicaron que na planta soto estarán situadas as dependencias para detidos, informática, arquivo e instalacións. Mentres, a planta baixa albergará o Rexistro Civil, Fiscalía, sala de atención a vítimas, dependencias para avogados e procuradores, Imelga, salas de vista e salas de espera; situándose na prata os tres xulgados de Primeira Instancia e Instrución.


relacionada ​Os xulgados de reforzo polas cláusulas chan seguirán funcionando en 2018
relacionada Luz verde á demolición do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE