O PP saca adiante os orzamentos rexeitando case 1.300 emendas da oposición

Os votos da bancada popular no Parlamento bastan para aprobar unhas contas que cualifican de "expansivas".


|

Parlamento plenoBaltar e o machismo apareceron no debate.


Os orzamentos galegos foron aprobados este martes no pleno do Parlamento só cos votos a favor do PPdeG, que rexeitou as case 1.300 emendas que a oposición mantiña vivas.


No pleno celebrado este martes saíron adiante as contas para 2018, que crecen un 2,9% ata 9.487 millóns, mentres a oposición criticou a "prepotencia", "arrogancia" e "soberbia" do grupo con maioría na Cámara por refugar as súas propostas.


En resposta, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, pediu " relativizar" que non se acepten as emendas das oposición. Así, díxolles aos grupos que se tachan de "soberbios" aos populares tamén fará o propio cos alcaldes de Pontevedra, Vigo e A Coruña por ese mesmo motivo.


Así, Puy defendeu que os populares non aprobaron "tantas emendas" como lle "gustaría" á oposición porque son as "mesmas" que os últimos anos ou debido á súa "imposibilidade".


Toda a oposición coincidiu tamén en criticar a baixa execución das contas ao longo dos anos. En contraposición, Puy Fraga defendeu que se executaron "por encima do 100%" os anteriores orzamentos, e se se deixaron de aplicar determinadas partidas é porque "se sobreexecutaron" outras como o Sergas (109,5%) ou o Fondo Galego de Garantía Agraria (o 281%).


"POBREZA E DESIGUALDADE"


Luís Villares criticou que "a maioría parlamentaria non vale para facer o que a un lle veña en gana", polo que censura que estas contas sirvan para o "desmantelamento do público", e "xerarán en 2018 máis pobreza e desigualdade".


Así, cargou contra unhas contas e unha Xunta que non contan con políticas sociais para "reverter" a crise demográfica, que apostan polo "exterminio do rural" e o peche das escolas e os hospitais, á vez que "non se preocupan de atender" a "un territorio arrasado polos lumes" nin aos "exiliados económicos".


"ESCASA AMBICIÓN"


Pola súa banda, Xoaquín Fernández Leiceaga reproba un orzamento "con escasa ambición", no que o estado de gastos e ingresos do orzamento é "exactamente o mesmo" que o que entrou.


De tal forma, mostrou o seu rexeitamento a unhas contas nas que o PPdeG non tivo a "sensibilidade suficiente" para incluír cambios e a Xunta "non está preparada" para "actuar de verdade sobre os problemas que ten a sociedade e economía de Galicia".


A "APISOADORA" DO PP


Ana Pontón arremeteu contra a "apisoadora" do PPdeG no traballo parlamentario, pois lamenta que "non haxa vontade de modificar nin unha soa coma" nuns orzamentos "rutineros e compracentes", que "son moi mellorables".


E é que reprocha que os orzamentos se convertesen nun "ritual" no que o PP "non aproba nin unha soa das máis de 1.000 emendas que se presentan desde a oposición", un "exercicio de soberbia".


DEBATE SOBRE O MACHISMO


Un debate sobre o machismo coouse neste pleno orzamentario, onde a oposición esgrimiu o caso do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, que acaba de arquivar a Audiencia Provincial en relación a supostos delitos de acoso sexual.


Sobre este extremo, Villares sinalou que os tribunais "non viron delito penal", pero avisa de que a " irrelevancia penal non significa" que "non mereza un reproche ético". De feito, Villares advirte de que é un "erro moi grave" pensar que só hai condutas machistas "cando hai delito", polo que o "PP non pode arroupar a conduta de Baltar aínda que non sexa un ilícito penal". "Por iso ninguén subirá a esta tribuna para defender ao señor Baltar", afirmou, porque "é indefinible desde o punto de vista da igualdade".


Pontón expuxo que, máis aló de "o que xulgue un xuíz", "hai feitos que son absolutamente incontestables", con "conversacións" que "todos" puideron escoitar. A tamén nacionalista Noa Presas denunciou que o caso Baltar mostra que "non hai separación de poderes".


Abel Losada (PSdeG) asegurou sobre Baltar que "eticamente" unha sociedade moderna "non pode tolerar" determinadas actitudes. "Temos que ter as regras un pouquiño máis aló dunha decisión xudicial", sostén.


En contraposición, Pedro Puy defendeu que o acoso sexual "ou o hai ou non o hai", e "se o hai, hai delito". Polo que Baltar "non é ningún acosador" e dicir o contrario é "difamar".


relacionada Os orzamentos de Galicia para 2018 superan este luns o seu primeiro trámite
relacionada A Xunta eleva máis o orzamento para formigón que o do sistema educativo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE