Galicia non pode dar a seca por acabada cos ríos ao 20% do seu caudal normal

|

Rio auga caudal"Dous ou tres días de chuvia" non bastan. Foto: Turismo.gal


A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, advertiu de que a seca persiste en Galicia a pesar da últimas chuvias que deixou a borrasca Ana ao seu paso pola comunidade galega. "Os datos que coñecemos ata o momento non convidan a dicir que a seca rematou", asegura.


Este luns celebrouse a reunión da Oficina Técnica da Seca, na que, con carácter "técnico", estaba previsto abordar a continuidade das accións ante a persistencia da alerta por seca, segundo explicou Mato aos medios de comunicación na Coruña.


"A situación de alerta é a que impera a día de hoxe, seguimos en alerta. A día de hoxe, ata que a oficina técnica diga algo, seguimos en alerta", asegurou a conselleira de Medio Ambiente.


En concreto, para reflectir con datos a seca que atravesa Galicia, Mato destacou a situación dos ríos, cuxos caudais, de media, se sitúan en torno ao 20%.


USO RESPONSABLE DA AUGA


"Non porque houbese dous ou tres días de intensas chuvias poderemos dicir que a seca rematou", asegurou Mato en referencia ás chuvias que deixou hai uns días a borrasca 'Ana' ao seu paso por Galicia.


E é que, "os datos que coñecemos ata o momento non convidan a dicir que a seca rematou", asegura Mato, que chamou á poboación para realizar un "uso responsable" do auga mentres persista esta situación de seca.


relacionada ​Galicia cambiará as alertas por seca para adaptalas ao cambio climático
relacionada A alerta por seca seguirá ata que os ríos recuperen o seu caudal normal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress