UGT confirma que o Goberno propón subir un 20% o salario mínimo en tres anos

Coas dúas pagas extras prorrateadas, en 2020 o SMI pode situarse en 1.000 euros ao mes.


|

Banhez patronal sindicatos


O Goberno propuxo aos axentes sociais unha subida gradual do salario mínimo interprofesional, deseñada para un prazo de tres anos, que se concretaría nunha alza do 4% para 2018, do 6% para 2019 e do 10% para 2020, o que situaría o SMI a final deste período nuns 860 euros ao mes por catorce pagas (uns 1.000 euros ao mes en doce pagas).


Así o desvelou este luns a vicesecretaria xeral de UGT, Cristina Antoñanzas, nunha rolda de prensa para presentar un informe sobre a situación dos traballadores estranxeiros en España.


O propio presidente do Goberno, nunha entrevista co diario 20 minutos publicada hoxe, sinalaba que propuxera aos axentes sociais e ao PSOE un pacto a tres anos para elevar o SMI, cunha alza do 4% para 2018 e "subidas importantes" para 2019 e 2020.


Estas "subidas importantes" concretaríanse en aumentos do 6% para 2019 e do 10% para 2020, unha proposta que, segundo Antoñanzas, "pode estar ben" se realmente se leva á práctica. "Estamos a estudar a proposta e nos próximos días daremos unha resposta ao Goberno", apuntou a vicesecretaria xeral de UGT.


A subida do 4% para 2018, que deixaría o SMI en 735,90 euros ao mes, servirá para enviar "unha mensaxe" a empresarios e sindicatos, que son os que fixan os soldos na negociación colectiva, segundo declarou Rajoy. "Gustaríanos que os soldos sexan máis elevados", subliñou o xefe do Executivo.


O presidente indicou que as subidas do SMI terán que ser compatibles co crecemento económico e coa creación anual de polo menos 450.000 empregos. "Debemos empezar a recuperar as rendas a un ritmo que permita seguir creando medio millón de empregos ao ano. Como todo na vida, manter o equilibrio é moi importante", dixo.


Os sindicatos levan tempo reclamando ao Goberno que eleve o salario mínimo ata o nivel do 60% do salario medio, tal e como recolle a Carta Social Europea. Chegar a esa porcentaxe equivalería a un SMI de 1.000 euros mensuais por doce pagas ou duns 860 euros por catorce pagas.


TEMPORALIDADE E CONTRATOS PARCIAIS


O Instituto de Estudos Económicos (IEE) advertiu dos efectos "contrapruducentes" de subir o Salario Mínimo Interprofesional, xa que se traduce nun aumento da temporalidade e dos contratos a tempo parcial nas etapas expansivas e en destrución de emprego e aumento do paro nas épocas de recesión.


Preguntado sobre a postura da CEOE sobre o SMI e o incremento dos salarios no marco da negociación colectiva, Feito lembrou que a patronal "non lexisla nin pacta" sobre o Salario Mínimo, xa que "desgraciadamente" é unha decisión estrita do Goberno, aínda que dentro haxa posturas a favor e en contra.


A este respecto, Feito asegurou que non está en contra de que os salarios sexan maiores, pero "outra cousa é que iso se consiga a través do SMI", e precisou que CEOE determinará en xaneiro a súa proposta salarial definitiva para a negociación colectiva.


relacionada A negociación do salario mínimo sitúa os 1.000 euros como meta a curto prazo
relacionada UGT e CCOO piden subir o salario mínimo ata o 60% do soldo medio, máis de 1.000 euros
relacionada O soldo medio en Galicia sobe apenas un euro no últimos seis anos
relacionada González Laxe diagnostica a Galicia: "Crecemos, pero non xeramos emprego"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE