Denuncian que o propio Sergas envía a médicos a operar a centros privados

ASMIG critica "unha flexibilidade nunca vista para potenciar centros concertados en detrimento dos públicos".


|

Operacioncirugia


O conflito polas dedicacións exclusivas do Sergas describe un xiro polos" vaivéns e criterios discrecionais dos diversos servizos de cirurxía" do Sergas, tal e como denuncia a asociación médica ASMIG.


Nun comunicado, ASMIG denuncia que "o exceso de celo" do Sergas cos médicos que compaxinaban o seu traballo na sanidade privada e a pública "transformouse nunha flexibilidade nunca vista".


Así, critican que os servizos de cirurxía "desvían directamente pacientes da pública á privada", a pesar das palabras a favor da dedicación exclusiva promovida supostamente polo propio Sergas.


A asociación de médicos interinos coñeceu o caso dun paciente "ao que lle foi ofrecida unha intervención cirúrxica de xeonllo nun centro concertado e que sería realizada por médicos do propio Sergas", intervencións que antes se facían con persoal concertado. Na mesma conversación telefónica, tal e como apuntan, infórmaselle ao paciente que as artroscopias de xeonllo tan só se practican no Hospital Abente e Lago e non no Chuac, polo que se programou a súa cirurxía para un hospital externo.


ASMIG reclama, por tanto, aclarar se estes casos son unha práctica habitual. Ademais, buscan forzar que o Sergas manifeste o seu compromiso para "renunciar de inmediato a este tipo de mobilidades forzosas, que sementan dúbidas máis que razoables sobre o imparable avance da sanidade privada á conta da pública".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE