Tradicional Concerto de Nadal da man da Orquestra Sinfónica de Galicia e Gas Natural Fenosa

|

01 Seleccion XXII Concerto Nadal GNF 2017   foto Pablo Candamio

Isidro Fainé e Alberto Núñez Feijóo


O tradicional Concerto de Nadal a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) celebrouse este sábado 16 de decembro no Palacio da Ópera da Coruña.


O evento, que celebra este ano o seu XXII edición, contou coa presenza do presidente de Gas Natural Fenosa, Isidro Fainé, e o conselleiro delegado da compañía enerxética, Rafael Villaseca.


Gas Natural Fenosa, patrocinadora deste acto, colabora con a OSG co obxecto de difundir a música mediante o desenvolvemento de múltiples actividades (concertos, promoción de compositores galegos, ensino musical...).


Esta colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia responde á filosofía de apoio da empresa ás iniciativas culturais e ambientais nas zonas onde desenvolve a súa actividade empresarial.


O Concerto de Nadal no Palacio da Ópera da Coruña converteuse nun clásico encontro de personalidades do ámbito económico, cultural, social e político de Galicia nestas datas do Nadal. 


03 Seleccion XXII Concerto Nadal GNF 2017   foto Pablo Candamio


A Orquestra Sinfónica de Galicia despide 2017 cun programa musical que repasa as grandes obras sinfónicas dos compositores Jean Sibelius, Franz Schubert e Piotr Ilyich Tchaicovsky. 


Da man do mestre Dima Slobodeniouk, a selección musical empeza co poema sinfónico do finlandés Sibelius, A filla de Pohjola, composta e estreada en 1909, e inspirada, como moitas das súas obras, no Kalevala: nome mítico de Finlandia que significa “país dos heroes”.


A primeira parte do concerto ofrecerá tamén una das obras mestras de Franz Schubert, a Sinfonía nº5 en se bemol maior, D. 485, composta en 1816 e estreada trece anos despois da morte do compositor. Esta obra de mocidade, unha das máis mozartianas de Schubert, presenta abundancia melódica e transmite sinxeleza e expresividade. 


O concerto finaliza co xenio compositor de Piotr Ilyich Tchaicovsky e o seu Sinfonía n.º 4 en fa menor, op. 36, escrita entre 1877 e 1878, e dedicada ao seu mecenas, Nadezhda von Meck. Estruturada no tradicionais catro movementos, tchaicovsky retoma aquí un dos grandes temas da súa obra sinfónica, o Destino ou fatum.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress