As toalliñas hixiénicas obrigan a limpezas diarias do saneamento

A acumulación destes produtos, que non se deben tirar polo inodoro, xeran atascos se non se eliminan a tempo.


|

Toallitas saneamentoA acumulación de toalliñas xera 'monstros' que atascan a rede.


Os problemas xerados pola acumulación de toalliñas hixiénicas nos condutos de saneamento están cada día máis presentes nas distintas localidades galegas e fanse especialmente preocupantes nas cidades, onde é necesario facer limpezas diarias para evitar atascos que provoquen danos maiores.


O hábito estendido de arroxar polo inodoro toalliñas ou outros produtos que non son biodegradables está a danar tamén o sistema de saneamento galego e que pon en risco a súa viabilidade. No caso das primeiras, a situación agrávase por unha etiquetaxe "deficiente", segundo apuntan os expertos.


Así, a pesar de que algunhas das toalliñas á venda figuran como tales, un informe da OCU apunta a que estes produtos non son en ningún caso biodegradables e a que, en maior ou menor medida, conteñen fibras sintéticas que son prexudiciais para o medio ambiente e que non se degradan.


Por iso, a costume de arroxar ao inodoro toalliñas, así como outros residuos como compresas ou tampóns, supón para as cidades e localidades galegas un problema de saneamento que obriga na maior parte dos casos a limpezas moi frecuentes que retiran os desfeitos acumulados e evitan males maiores como colapsos.


LIMPEZAS DIARIAS


Este é o caso da capital galega, onde 33 bombeos están suxeitos a revisións periódicas para evitar colapsos. Así, segundo informan a Europa Press fontes municipais, a estación depuradora de Aríns e a da Silvouta necesitan de limpezas diarias para evitar que se produzan atascos.


Os técnicos apuntan a que o 80% dos residuos retirados nas reixas de desbaste de Aríns, instaladas para evitar o paso de residuos de maior tamaño, son toalliñas. Na Silvouta, ademais, é necesario sacar diariamente as bombas de recirculación de lodos "por culpa das toalliñas".


A empresa Viaqua, que se encarga das redes de saneamento de cidades como Santiago e Ourense, incrementa o control sobre estes residuos depositados nas épocas do ano nas que comezan os períodos de chuvias, como o actual, dado que o incremento repentino do caudal pode levar con maior facilitade a atascos que deriven en inundacións. A empresa está adherida a un manifesto mundial para concienciar sobre este problema.


En Ourense, os puntos máis conflitivos están no Couto e a Polvoreira, onde é necesario retierar este tipo de restos semanalmente. En total, ao ano, nesta cidade retíranse unhas 500 toneladas de residuos non degradables que os ourensáns tiran polo inodoro, indican os responsables.


Varios camións realizan tamén diariamente a limpeza da rede de sumidoiros en Vigo, cidade que conta cunha das redes de saneamento máis extensa e na que as toalliñas tamén se acumulan. Para previr problemas de máis entidade, os técnicos realizan a retirada dos acumulados con moita frecuencia, algo que tamén ocorre diariamente na Coruña.


MANIFESTO INTERNACIONAL


A Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, está subscrita desde hai un ano ao manifesto internacional para promover unha correcta etiquetaxe dos produtos que non se poden tirar polo inodoro e para concienciar a poboación.


Así, o departamento autonómico admitiu que este problema, de aparición relativamente recente, aumentou nos últimos anos de importancia e constitúe a día de hoxe un risco real tanto para o medio ambiente como para o funcionamento dos sistemas de saneamento.


Fronte a el, a Administración galega aposta por fomentar unha etiquetaxe correcta dos produtos e por concienciar á sociedade sobre a importancia de non refugar polo inodoro as toalliñas, compresas ou tampóns.


relacionada As redes de saneamento, a vista de dron
relacionada Viaqua intensifica a limpeza da rede de sumidoiros antes de que chegue a chuvia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE