O Celta despexa o seu futuro coa concesión de Balaídos e a cidade deportiva en Mos

Os campos de adestramento estarán listos dentro dun ano, segundo as previsións do club.


|

Celta mourinhoFoto de familia de parte da delegación celtista. Foto: RC Celta

"Estamos nunha data que pasará á historia como a máis transcendente, a máis sobresaliente e ilusionante, destes 94 anos de vida", reflexionou o presidente Carlos Mouriño no acto sobre o futuro dos proxectos de Balaídos e a cidade deportiva que construirá en Mos.


O presidente do Celta contou congregou no acto a representantes das institucións galegas e españolas, así como da liga e outras personalidades de Vigo e a súa área metropolitana.


O club quixo escenificar "o nacemento do Celta do futuro", co respaldo do Concello de Vigo e a Xunta de Galicia.


"O Celta terá á súa disposición o Estadio de Balaídos, cunhas instalacións próximas ao que viñamos reclamando, e unha nova Cidade Deportiva que é imprescindible para o crecemento do club. Unha propiedade que será un orgullo para Mos e a área metropolitana de Vigo e unha incesante fonte de xogadores que alimenten os nosos equipos profesionais"

A concesión de Balaídos, en plena reforma, será a longo prazo, entre 40 e 50 anos. Pero o outro alicerce fundamental é a cidade deportiva que empezará a construírse en breve e que espera converter nunha fonte de ingresos.


"Mañá asinamos o convenio co Concello de Mos e o día 20 presentamos a documentación necesaria para iniciar os trámites. A nosa idea é iniciar os traballos en xuño ou xullo do próximo ano e ter preparados os campos dos nosos equipos profesionais a finais do 2018 ou principios do 2019", remarcou Mouriño.

Os plans son que este proxecto inclúa dez campos de fútbol, un miniestadio para o Celta B, un edificio de oficinas e residencia e un centro comercial.


relacionada O concello promete que "non choverá" sobre ningún asento en Balaídos
relacionada Mouriño acepta negociar a concesión do estadio de Balaídos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE