​Dous centros de saúde de Aranga estiveron a semana pasada sen persoal facultativo

CCOO denuncia unha "nefasta política de reposición" do persoal que prexudicou a atención durante "a metade do tempo de apertura".


|

Consultacentrosaude


A sección de Atención Primaria de CCOO denunciou "problemas" na reposición de persoal facultativo en centros de saúde de Aranga (A Coruña), á vez que instou á Xunta a solucionar esta situación.


Nun comunicado, a central sindical pide ao Sergas "que cumpra coa obrigación legal de manter nos centros de saúde un facultativo para que non se repita a situación da Castellana e Muniferral, no concello de Aranga".


Deles, asegura que os días 4, 5 e 7 de decembro "estiveron sen persoal facultativo na metade do tempo de apertura". Para este sindicato, é "urxente" resolver esta situación.


Ao mesmo tempo, denuncia "falta de planificación" que vincula cunha "nefasta política de reposición" do persoal "que ten como consecuencia unha deterioración na Atención Primaria".


relacionada O centro de saúde de Marín, seis meses de carencias e promesas incumpridas pola Xunta
relacionada A Consellería deixa os nenos de Chantada sen pediatra no centro de saúde

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE