Chega o peregrino número 300.000 de 2017 á capital galega

A chegada de Andrew Larkin supón un record histórico na peregrinaxe do Camiño


|


Peregrino 2


O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, recibiu ao peregrino número 300.000 de 2017, o estadounidense Andrew Larkin, de 22 anos de idade. No acto tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.


A chegada de Andrew Larkin, quen se declarou moi sorprendido por todas as atencións recibidas desde a súa chegada, trae consigo un récord histórico para o número de peregrinos. O estudante americano realizou o Camiño Francés desde León, e actualmente cursa español en Burgos.


Peregrino


Durante a súa visita ao Concello, Andrew Larkin asinou no Libro da Honra, e foille entregado un libro como recordo da súa estancia en Santiago de Compostela 

relacionada ​Martiño Noriega compromete o apoio a todo o sector do libro galego
relacionada ​Compostela Aberta presenta os orzamentos máis altos desde 2009

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE