Benjamin Clementine chega a Vigo polo 'Super Buck Under Fest'

O evento xorde a partir da colaboración de Super Bock co Concello de Vigo para levar á cidade "a mellor música da actualidade"


|


Fotonoticia 20151121132002 800


A primeira edición do festival de música ‘Super Bock Under Fest’ confirma o primeiro nome do seu cartel: o británico Benjamin Clementine visitará varias salas en Vigo os días 23 e 24 de marzo.


O evento xorde a partir da colaboración de Super Bock co Concello de Vigo para levar á cidade "a mellor música da actualidade con nomes nacionais e internacionais consagrados", e ten tamén por obxectivo servir "como escenario para promover novos talentos da escena galega e portuguesa".


‘Super Bock Under Fest’ celebrarase en distintas salas de Vigo que buscan ofrecer ao público a oportunidade de investigar a cidade, e dará espazo a unha notable variedade de estilos musicais: de indie ou rock ata música electrónica. Ademais do cantante e compositor londiniense, máis de 20 bandas e artistas presentarán a súa música en directo durante os dous días do festival.


O abono, que dá acceso a todos os espazos os dous días, pode adquirirse ao prezo de 30 euros. As entradas para o concerto de Benjamin Clementine o día 24 de marzo no Hall do Auditorio Mar de Vigo, que son limitadas, teñen un prezo de 20 euros e están xa á venda en Ataquilla.com.


O cabeza de cartel


O que é agora cabeza de cartel do festival, Benjamin Clementine, é un músico británico que se fixo notar por a súa voz e carisma. 'Cornerstone', o seu primeiro EP, e 'At Least for Now', o seu disco de debut de 2015, revelan unha voz e forza dunha intensidade difícil de catalogar.



Cantante, compositor e pianista, Clementine foi sempre autodidacta e co seu ambicioso novo álbum 'I Tell a Fly' asumiu unha gravación autoproducida na que reflicte a súa visión do mundo e explora novos territorios, dos compositores impresionistas á música electrónica.

relacionada Gaiás albergará un repaso á historia de Galicia por medio da arte
relacionada A Deputación da Coruña financia un plan en defensa da lingua

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE