O peche permietral de Punta Langosteira estará concluído no verán

|

Porto exterior punta langosteiraTrazado do valo.


As obras do peche perimetral do Porto Exterior da Coruña iniciaranse nas primeiras semanas de 2018 e concluirán no verán, tras ser adxudicadas pola Autoridade Portuaria cun prazo de execución de seis meses e medio, segundo informa o organismo portuario.


O traballo será realizado pola empresa coruñesa Construciones López Cao, que obtivo a puntuación máis alta na valoración técnica e presentou, ademais, o orzamento máis económico, 566.000 euros. Isto supón un aforro de 295.000 euros sobre o importe de licitación, que era de 861.000 euros.


A obra consiste na instalación dunha valo de peche en todo o perímetro das instalacións portuarias de Punta Langosteira, de acordo coa normativa vixente en materia de seguridade.


Polo exterior do cerramento, executarase unha senda peonil e ciclista que dará continuidade ás rutas existentes na zona.


relacionada Pemex renuncia ao seu prometido desembarco no porto exterior coruñés
relacionada A renuncia de Pemex en Punta Langosteira "non afecta á viabilidade do porto exterior"
relacionada O porto de Langosteira, baixo a lupa dos ecoloxistas de 'Arco Iris'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress