Os pediatras do CHUS desenvolven unha aplicación para medir a dificultade respiratoria

Aínda que ideada para os nenos menores de dous anos, a app é aplicable a calquera persoa con dificultade respiratoria aguda. 


|

AppChus


Pediatras do Complexo Hospitalario Universitario Clínico de Santiago (CHUS) presentaron a aplicación móbil da escala ReSViNET, unha app para os dispositivos iOS e Android que permite aos pais medir a dificultade respiratoria dos nenos menores de dous anos, unha ferramenta que xa fora presentada no Congreso Internacional do Virus Respiratorio Sincitial celebrado en Málaga.


Segundo informaron os propios profesionais do CHUS, aínda que en principio a app ideouse para os nenos, é aplicable a todo paciente pediátrico que presente dificultade respiratoria aguda. A escala ReSViNET, que lle dá nome á aplicación, consiste nun sistema de avaliación clínica cuxo obxectivo principal é facilitar a comunicación médico-paciente.


Foi desenvolvida polo Grupo de Xenética, vacúas, infeccións e pediatría (Genvip) do Hospital Clínico de Santiago, Rede Galega de Investigación Pediátrica (Rgalip) e a rede europea ReSViNET, coordinados polo xefe do servizo de Pediatría da xerencia compostelá, Federico Martinón, e o pediatra do CHUS Antonio Xustiza. A app que dá soporte á escala foi desenvolvida polo centro tecnolóxico Gradiant e contou co apoio da Axencia Galega de Innovación e do Ministerio de Economía e Competitividade no marco da Estratexia Española da Innovación en Galicia.


A escala, explican, foi validada cientificamente por profesionais do servizo de Pediatría da xerencia sanitaria compostelá e "permite aos pais avaliar o estado clínico dos seus fillos menores de dous anos ingresados por dificultade respiratoria aguda, basicamente bronquite aguda". Ademais presentáronse en varios congresos os resultados da súa aplicación para todo o rango de idade pediátrica en Atención Primaria, onde a sintomatología respiratoria pode supoñer entre dous terzos dos motivos de consulta en determinadas épocas do ano.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE