O custo da vida sobe máis en Galicia que no resto de España

Os prezos soben un 1,8 desde xaneiro. As maiores subidas son as do transporte e a vivenda, cun 4,1% e un 3,1%.


|

Supermercado compra carro
A cesta da compra, un 1,8% máis cara.

Galicia, xunto coa Región de Murcia, rexistrou no mes de novembro o maior incremento na taxa anual dos prezos de consumo, cun 1,8%, o que supón tres décimas máis con respecto ao mes anterior, segundo se desprende da estatística de Índice de Prezos de Consumo (IPC) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).


Ademais, os prezos sitúanse por encima da media do conxunto do Estado nunha décima e colocan á Comunidade galega na cima da táboa de maiores subidas, por detrás de Cataluña (1,9%, que permanece invariable) e Illas Baleares (1,8%, igual que o mes anterior).


O INE explicou que no comportamento da taxa interanual do IPC de novembro influíron principalmente os prezos das gasolinas e do gasóleo para calefacción.


POR TIPOS DE PRODUTO


O transporte e a vivenda rexistraron as maiores subidas no mes de novembro con respecto a 2016, cun 4,1 e un 3,1%, respectivamente. No que vai de ano, o transporte encareceuse en Galicia nun 2,3% e a vivenda un 1,4%.


Con todo, e fronte á comparativa anual, nos once meses deste 2017 a maior subida acumulada rexístraa o vestido e o calzado, cun 2,7%. Neste caso, a taxa interanual queda nun incremento do 0,5%.


Mentres, os alimentos e as bebidas non alcohólicas viron incrementado os seus prezos un 1,8% en novembro na comparativa con 2016 e un 1,5% en todo este ano.


En novembro subiron tamén os prezos no resto de produtos: ensino (1%), lecer e cultura (0,9%), medicinas (0,8%), comunicacións (0,6%) e enxoval (0,2%). De todos eles, o único produto que viu rebaixado o seu prezo no que vai de ano é o lecer e cultura, que descendeu un 1,7%.


OUTROS DATOS ESTATAIS


A taxa interanual de novembro é a décimo quinta taxa positiva que encadea o IPC interanual e implica que os prezos son hoxe uns 1,7% superiores aos de hai un ano.


O IPC interanual arrincou 2017 no 3%, a súa taxa máis alta desde outubro de 2012. En febreiro repetiuse o mesmo porcentaxe, pero en marzo, por primeira vez en sete meses, a inflación recortou a súa taxa interanual ata o 2,3%.


relacionada O prezo da vivenda en Galicia subiu un 1,7% no terceiro trimestre
relacionada Competencia ve "preocupante" a percepción social sobre a factura eléctrica
relacionada Galicia é a comunidade onde menos subiu o prezo do aluguer no último ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE