Ferreiro reclama que a fachada marítima se deseñe na cidade

O alcalde da Coruña rexeita que o futuro dos peiraos se decida "nun despacho en Madrid ou en San Caetano".


|

Feijoo ferreiroFeijóo e Ferreiro, nunha reunión en febreiro. Foto: Concello da Coruña


O alcalde herculino, Xulio Ferreiro, reclamou que o futuro da fachada marítima da cidade se faga "na Coruña" e non "nun despacho de Madrid e San Caetano", ao propoñer de novo a fórmula dun consorcio coa participación das distintas administracións en relación co futuro dos peiraos coruñeses.


En declaracións aos medios sobre o deseño desta fachada, lembrou que o goberno local remitiu unha proposta de protocolo a Portos do Estado, a Autoridade Portuaria, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para "ir avanzando" nesta materia, da que non recibiu resposta.


Con todo, insistiu en que "a fórmula consorcial" é, ao seu xuízo, a máis adecuada para "garantir" que o deseño da fachada marítima se faga desde a cidade.


Por outra banda, preguntado pola próxima reunión coa Xunta sobre o transporte metropolitano, indicou que o Consistorio ten "practicamente ultimada" a súa enquisa sobre o funcionamento deste servizo.


"Gustaríanos poder contar cos datos que lle solicitamos á Xunta hai dous ou tres meses", lamentou o rexedor, para quen dispoñer dos mesmos permitiríalles "avanzar" no deseño do transporte metropolitano que expoñen desde o goberno municipal.


relacionada Ferreiro propón un 'distrito do mar' e un museo na fachada marítima coruñesa
relacionada Miles de persoas protestan contra a "especulación" no porto herculino
relacionada Nin os peiraos de Calvo Sotelo e Batería nin a Solana están en venda

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE