​Unha campaña onde non se fala de programas

Carmen P. Flores

Urna deputados


As eleccións catalás convertéronse nun cruzamento de acusacións entre os partidos políticos. Que se uns son uns franquistas, que se o bloque independentista, aínda que se pelexan entre eles, o 22D poden negociar un novo pacto se os resultados os acompañan. No outro lago, o bloque constitucionalista, tampouco se entenden entre eles, e no medio dos dous bandos, o partido de Colau & Domenech di ter a chave para a formación do novo goberno. O temerario do tema,é vender a pel do oso antes de cazalo.


As acusacións cruzadas de todos contra todos para rabuñar votos dos seus rivais máis próximos está a levar á cidadanía a impresión de que se fala de todo, menos dos que realmente lles interesa aos cidadáns: resolver os graves problemas que veñen acumulando desde hai xa uns anos co tema da independencia camuflada baixo o nome do dereito a decidir ou "procés".


Os argumentos esgrimidos por uns e outros pódense resumir en "se non me votas a min, virán os outros" entendido como os outros, a certeza de que traerán as sete pragas de Exipto.


Estas eleccións son diferentes, porque están en xogo moitas cousas, pero a máis importante a imposición da ruptura con España polos independentistas, en parte, polo abandono- non ir votar- da defensa dos intereses da outra parte dos cataláns que pensan que o tema non vai con eles. Equivócanse quen pensa así: o modelo sanitario, a educación, a atención á xente maior, aos discapacitados, o traballo, a cultura, as infraestruturas, os modelos territoriais, todos eles afectan á cidadanía e de que maneira. Destes temas pouco se fala, cando deberían ser as prioridades dos partidos políticos que concorren a estes comicios e que diferencia a un partido doutro. Ou é que a ideoloxía morreu?


Por iso, unha alta participación vai ha facer posible, ou non, que goberne un partido ou outro, ou mellor dito, unha coalición, porque tamén en Catalunya, as maiorías absolutas fóronse ao Caribe de vacacións, por sorte. Ao final quen consegue gobernar só, crese o dono de todo e ao final convértense en verdadeiros caciques, que nada teñen que ver cunha auténtica democracia.


Se os resultados van ser tan axustados, se non hai acordos, a pantasma dunhas novas eleccións está xa aí. Sería un fracaso político, un gasto innecesario que non pode permitir Catalunya e significaría máis incerteza. Nestes últimos días de campaña, que os candidatos deben falar máis dos seus programas e deixar dun lado as acusacións mutuas.


Artigo publicado orixinalmente en Catalunyapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE