Fede Cartabia, operado con éxito en Portugal

O centrocampista abandonou o hospital para recuperarse na Coruña. Carles Gil, recuperado, é optimista co equipo.


|

Fede cartabiaFede Cartabia, nun partido. Foto: RC Deportivo


O centrocampista arxentino do Dépor, Fede Cartabia, xa abandonou este martes o hospital, tras ser operado o luns da "hernia de futbolista" que sufría. A intervención, realizada polo Dr. Magalhaes no Hospital CUF de Porto, transcorreu satisfactoriamente, tal e como informa o club nun comunicado


"Superada a cirurxía, levará a cabo o programa de fisioterapia e readaptación progresiva necesario para a súa completa reincorporación ás esixencias do fútbol profesional", sinala o Dépor.


E un compañeiro recuperado recentemente doutra lesión, Carles Gil, compareceu ante a prensa para recoñecer que aínda que non está ao 100%, "a evoución está a ser moi boa, o outro día puiden aguantar 80 e pico minutos a bo ritmo".


Para el, a vitoria ante o Leganés dá algunha das claves para que o equipo colla un bo rumbo. "Creo que somos un equipo que temos que facer unha presión alta, estamos máis cómodos así", explicou.


Pero agora os deportivistas están centrados no partido contra o Barça. Carles Gil referiuse a Leo Messi, recoñecendo que "sabemos que hai un fenómeno diante de nós", aínda que quixo mostrar optimismo afirmando que "cada partido ten as súas condicións e o rival tamén ten os seus puntos débiles".


relacionada Carles Gil: “Atópome moi ben, sen molestias”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE