Catalá cuestiona o paso de xuíces á política, como o caso de Luís Villares

O ministro afirma que o sistema debe cambiar os nomeamentos e o "transvasamento" para "mellorar a percepción de independencia".


|

Rafael catalaCatalá di que é necesario mellorar a "percepción de independencia".


O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, avogou por dotar de maior transparencia algúns mecanismos do sector en España que pasen por "romper vínculos" coa política para "mellorar a percepción de independencia" que a sociedade ten do sistema.


Así o puxo de manifesto durante un almorzo informativo, onde propuxo dotar de "maior transparencia" o sistema de elección de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, así como "regular o transvasamento de persoas que poidan pasar da xudicatura á política".


É o caso en Galicia de Luís Villares ou o de Manuela Carmena en Madrid. Pero aínda que desde o PP, como en Galicia fai Feijóo, critiquen os casos do líder de En Marea ou da confluencia que encabeza Carmena, non é exclusivo das novas formacións.


Os exemplos abundan tamén noutros partidos. No PSOE, sen ir máis lonxe, a portavoz do grupo parlamentario, Margarita Robles exerceu como maxistrada do Supremo. Ademais, o propio ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, tamén exerceu como xuíz e maxistrado antes de entrar en política no 96.


"Hoxe os parlamentos autonómicos designan cunha cota a un maxistrado. Ese sistema puido ter sentido no inicio da democracia, pero non é necesario hoxe", puxo como exemplo.


Neste sentido, defendeu reformas nos estatutos que regulan o Ministerio Fiscal para que "poida ter máis autonomía e capacidade de decisión respecto ao Poder Executivo", reformas que están na axenda do Goberno.


relacionada Feijóo espétalle a Villares: "Espero que non volva ditar unha sentenza"
relacionada Feijóo quere levar a súa rifa con Villares máis aló e cuestionar a súa volta ao TSXG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE